Algo de min…

Ás veces a vida decide por ti…
De súpeto un día unha grave enfermidade cambiou a miña vida, estou aquí grazas ós esforzos do persoal sanitario, ó cariño dos meus pais… e grazas tamén á miña bici.
Si estas a ler estas liñas poida que sexa porque queres tomar o control e ser ti quen decide os cambios na túa vida, ou poida que queiras aproveitar ó máximo o teu tempo aquí para ser quen de chegar o máis lonxe ou o máis alto que che sexa posible.
Eu non o fixen, e foi o destino quen me forzou a tomar as decisións. Aprendín canto puiden dende aquel momento e teño claro cal é o meu camiño.
Agora son Preparador físico e Técnico en fisioloxía deportiva polo Instituto ISAF, Director Deportivo de ciclismo nivel III pola Real Federación Española de Ciclismo, teño realizado múltiples formacións con profesionáis e entidades especializados en adestramento deportivo, nutrición, psicoloxía deportiva, ferramentas tecnolóxicas aplicadas ó deporte e outras especialidades relacionadas co rendemento e a saúde.
Despois de que a vida me abrise os ollos teño claro que a bici e a competición son parte esencial do meu benestar e realización persoal. O proceso para atopar este equilibrio serviume de aprendizaxe e quero empregar o aprendido tamén para guiar a xente coma ti a tomar o control da súa vida, da súa saúde… e tamén do seu rendemento para acadar as súas metas sexan as que sexan.